Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

A Precata e Cata da Ribeira Sacra volve tres anos despois con dez viños máis

Por 25 Maio, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

Este xoves día 26 e o venres 27 de maio o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra celebra a Precata e Cata dos Viños da Ribeira Sacra. Para esta edición presentáronse un total de 84 viños pertencentes a 32 adegas: 27 viños tintos, 16 viños brancos e 41 doutras anadas. Con respecto á última cata, celebrada no 2019, preséntanse 20 viños máis, destacando o incremento na categoría doutras anadas que pasa de 16 a 41 mostras inscritas.

Estas son, precisamente, as tres categorías do certame: viños brancos, viños tintos  e viños doutras anadas. Nas categorías de brancos e tintos establécense 3 premios: Medalla de Ouro, Medalla de Prata e Medalla de Bronce. Na categoría doutras anadas establécense 2 Medallas de Ouro ao superar as 14 mostras participantes.

Técnicos do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra recolleron 3 mostras ao azar de entre o stock das adegas. O mércores 25 de maio o notario procederá ao embolsado, precintado e numerado das botellas, que permanecerán convenientemente custodiadas ata a celebración da Cata.

Os viños cataranse por series, comezando polos viños brancos e terminando cos viños doutras anadas. O número máximo de viños seleccionados que pasarán á Cata final será de 10 para a categoría de viños tintos e 6 para as categorías de viños brancos e viños doutras anadas,

O panel de cata desta XXVI edición intégrano:

  • Ramón García Bernárdez, Representante Asociación Galega de Enólogos Mercedes González Rodríguez, Representante Vitislucus-Expertos Análise Sensorial e Enoturismo
  • Miguel Ángel Martín, Fundador portal Enocata.com. Colaborador en publicacións especializadas e programas de Radio. Xurado en concursos nacionais einternacionais. Vicepresidente da Asociación Española de Periodistas y Escritores del Vino (AEPEV).
  • Jorge Luis Mazaira Pérez, Director Técnico CRDO Valdeorras.
  • Antonio Manuel Magallhaes, Integrante do Panel de Cata da Denominación de Orixe da Rexión Demarcada do Douro. (Viño de Douro y Porto)
  • Alberto Levi, Asociación Italiana de Sumilleres
  • José María Martínez Alonso, Integrante do Comité de Partes do Consello Regulador.
  • Mª Eugenia Medina González, Integrante do Panel de Cata do Consello Regulador.
  • Maira Ratón Fernández, Integrante do Panel de Cata do Consello Regulador.
  • Juan Ángel Fernández Martínez, Integrante do Panel de Cata do Consello Regulador.
  • Rosa Domínguez Domínguez, Integrante do Panel de Cata do Consello Regulador.
  • María Isabel Mijares y García de Pelayo, Fundadora e vicepresidenta da Unión Española de Catadores; vicepresidenta da Federación Internacional de Periodistas y Escritores de Vino e integrante da Real Academia Española de Gastronomía; coordinadora e directora da Guía Repsol dos Viños de España; fundadora e directora de Equipo Team S.L.