Skip to main content
Bóveda

Aberto o prazo para participar no II Certame de Poesía Letras Galegas do Concello de Bóveda

Por 2 Maio, 2022Maio 4th, 2022Sin comentarios

O próximo martes 17 de maio finalizará o prazo para que todas aquelas persoas interesadas en participar no II Certame de Poesía Letras Galegas-Bóveda 2022 poidan presentar os seus traballos. As obras, que deben ser orixinais, inéditas e, por suposto, en lingua galega, deberán ter una extensión mínima de catro versos e máxima de dez nos poemas infantís e un mínimo de oito e un máximo de vinte versos para os de adultos.

A temática do certame, que cumpre a súa segunda edición, ao estar adicado este ano o Día das Letras Galegas a Florencio Delgado Gurriarán, xirará arredor da paisaxe, a terra e os seus froitos, a natureza, a defensa do idioma e a cultura galega e a emigración.

Os participantes poden entregar as súas obras antes do xa mencionado 17 de maio na Casa da Cultura do Concello de Bóveda de luns a venres de 10.00 a 15.00 horas ou a través do correo electrónico cultura@concellodebóveda.com, indicando no asunto do mail “II Certame de Poesía Letras Galegas do Concello de Bóveda”. Tamén poden remitir os traballos por vía postal ao Concello de Bóveda.

O xurado darase a coñecer oportunamente en próximas datas e estará formado por tres personalidades destacadas no campo das letras, o periodismo ou a docencia e vinculadas ao Concello de Bóveda. O seu veredicto será inapelable e a entrega de premios será na segunda quincena do mes de xuño.

CATRO CATEGORÍAS

Os participantes dividiranse en catro categorías segundo a súa idade. A categoría A será para os rapaces de seis a oito anos, recibindo o gañador un lote de libros por valor de 30 euros. A categoría B comprende aos nenos e nenas de nove a doce anos e o premio ao primeiro clasificado será un lote de libros por valor de 40 euros. O gañador na categoría C, para mozos e mozas de trece a dezaoito anos, recibirá un lote de libros por valor de 50 euros e o primeiro e segundo na categoría D, para adultos maiores de dezaoito anos, recibirán lotes de libros por valor de 80 e 100 euros, respectivamente.