Skip to main content
Monforte

O Concello de Monforte renovará a sinalización horizontal de 130 rúas

Por 3 Maio, 2022Maio 4th, 2022Sin comentarios

“Trátase da inversión máis alta destinada para este fin polo Equipo de Goberno dos últimos anos” destaca o alcalde, “xa que destinamos un orzamento de 152.468,48 €, ive engadido, e que suporá a mellora da sinalización horizontal a través de 130 actuacións en rúas e vías de todo o concello, e nas que se inclúe tamén todo o Polígono do Reboredo, a chaira do cemiterio ou o mercado gandeiro”.

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu conta da apertura do prazo de presentación de ofertas para a licitación do contrato de renovación e mantemento da sinalización horizontal das vías e espazos públicos que son competencia do Concello.

“Trátase da inversión máis alta destinada para este fin dos últimos anos” destaca o Alcalde “xa que destinamos un orzamento de 152.468,48 €, ive engadido, e que suporá a mellora da sinalización horizontal a través de 130 actuacións en rúas e vías de todo o concello, e nas que se inclúe tamén todo o Polígono do Reboredo, a chaira do cemiterio ou o mercado gandeiro”.

O prazo para a presentación de ofertas é de 13 días, logo de que hoxe fora publicado o anuncio de licitación na Plataforma de Contratos do Sector Público. O luns 16 de maio de 2022 será o último día para presentar propostas a este concurso.

Logo de que remate o prazo de presentación de ofertas, as correspondentes mesas de contratación está previsto que se celebren o mércores 18 e luns 23 de maio.

Unha vez adxudicados os traballos de mellora e mantemento da sinalización horizontal, estímase que o desenvolvemento dos mesmos sexa de 30 días, polo que a previsión, se a climatoloxía o permite, é que rematen a finais do mes de xullo.

TRABALLOS A EXECUTAR

O adxudicatario realizará todos os traballos necesarios, incluíndo a aportación de materiais, maquinaria, utillaxe, equipamentos,  etc., para renovar a sinalización horizontal existente nas rúas ou espazos públicos que se relacionan a continuación, ou, no seo caso, das partes das mesmas que especificamente se indiquen cando a renovación sexa limitada a un tramo ou tramos específicos da vía de que se trate, así como as modificacións, adaptacións de mellora e dotación de novos elementos de sinalización que se determinen.

A entidade ou persoa adxudicataria renovará a totalidade das marcas viais e sinais horizontais efectivamente existentes nas vías obxecto de actuacións, facéndoo sempre na forma, dimensións e cores preexistentes, salvo no caso en que pola Policía Local ou polo servizo que detemine o Concello de Monforte de Lemos se lle requira para a aplicación de modificacións.