Skip to main content
Monforte

Últimas catro obras do Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte

Por 7 Maio, 2022Maio 9th, 2022Sin comentarios

As últimas catro obras que faltaban por escenificarse do XXXIX Certame Municipal de Teatro para centros de ensino, convocado e organizado polo Concello de Monforte a través da súa concellería de Cultura, serán representadas a vindeira semana no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro a partir das 20.00 horas.

Deste xeito, o luns día 9 o CEIP Plurilingüe Monforte estreará a  obra “Vida e cores”. O martes 10 será a quenda do IES Río Cabe coa obra “O soño do Novelo nunha noite de verán”. O mércores 11, o IES A Pinguela representará a “A rateira”. E a última peza deste ciclo será representada por Prodeme (asociación convidada) coa obra “Néboa no bigote” o xoves 12 de maio.

AXUDA DO CONCELLO

O Concello colabora cos centros de ensino participantes aportando material para a realización da obra por unha cantidade máxima de 100 euros.

Os premios consistirán na gravación en DVD das obras representadas, que serán entregadas ós centros participantes, así como dun diploma acreditativo para cada un dos participantes.

A entrega de premios será no Salón de Actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o 18 de maio ás 18.00 horas.