Skip to main content
Monforte

Os cortes por mor das obras na rúa Otero Pedrayo de Monforte, suspendidos

Por motivos alleos ao Concello de Monforte, as obras anunciadas polo alcalde, José Tomé Roca, para este venres foron aprazadas e todavía non hai data segura para o inicio das mesmas.

As obras incluían cortes na rúa Otero Pedrayo, co obxecto de levar a cabo actuacións programadas dende o equipo de goberno para a mellora da rede de abastecemento municipal de auga en dita rúa, concretamente á altura do nº 3.

A tal efecto, as obras de mellora tiñan previsto desenvolverse a partir das 15:00 horas deste venres día 13 de maio, co obxecto de minimizar o efecto das obras sobre o tráfico rodado nesa zona da cidade. A súa finalización estaba prevista arredor das 20:00 horas.

MELLORA NA REDE DE ABASTECEMENTO

“Dende o Concello, seguimos traballando na mellora da rede de abastecemento de auga da cidade, a fin de proporcionar ós nosos veciños e veciñas servizos de mellor calidade, para o que desenvolvemos, dentro do noso programa de mellora das infraestruturas do municipio, esta obra na zona centro da cidade, e nun tramo horario no que o tráfico rodado é menor”, destacou o Alcalde sobre a importancia destas obras.