Skip to main content
Monforte

Monforte acollerá unhas xornadas sobre axudas a Pemes para o turismo e o comercio

Por 19 Maio, 2022Maio 21st, 2022Sin comentarios

A Xunta e a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) desenvolverán en Monforte de Lemos unhas xornadas informativas sobre os apoios aos que poden optar as Pemes dos sectores do turismo e o comercio.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e Jaime López, secretario da CEL presentaron esta iniciativa que se enmarca na programación da oficina Conecta Lugo, que recentemente puxeron en marcha ambas entidades de forma conxunta nun local do edificio da estación de autobuses de Monforte.

O obxectivo é achegarse aos emprendedores e empresarios da zona sur para ofrecer asesoramento personalizado, especialmente no que atinxe á innovación, co foco posto naquelas con potencial pero que aínda non deron o paso. Tamén se desenvolven actividades divulgativas, visitas a empresas e foros sectoriais.

Neste contexto, o vindeiro martes día 24, ás 17 horas, a xefa da Área Provincial de Turismo da Xunta en Lugo, Paloma Vázquez, presentará as axudas e liñas de apoio orientadas á hostalería; e o venres 3 de xuño ás 16.00 horas, o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, informará dos apoios a este sector. Ambas citas terán lugar no salón de actos do Centro Cívico de Monforte.

Os técnicos do Conecta Lugo atenden a todas as persoas previa cita, que pode solicitarse a través do número de teléfono 621 346 812  ou no enderezo electrónico conectalugo@cel.es.

Asesoran sobre os programas de apoio e os recursos que pon a Xunta á disposición das pemes para que avancen en innovación e competitividade. Entre estes, préstamos directos do Igape, axudas á incorporación do deseño como ferramenta de innovación e sustentabilidade, subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética ou para accións de promoción exterior, todas elas convocatorias abertas actualmente