Skip to main content
Monforte

O PP pedirá no pleno de Monforte terrazas máis amplas para a hostelaría

O Partido Popular de Monforte de Lemos defenderá unha proposta na próxima sesión plenaria co fin de, según recollen nun comunicado, “garantir que durante a temporada de verán os establecementos da cidade poidan ter tanta superficie de terraza como desexen, dentro do fixado na correspondente ordenanza e garantindo a accesibilidade”.

Os populares lembran que “o Concello perdeu o litixio que mantivo cun hostaleiro polo espazo de terraza que lle asignou. O xulgado entendeu que o recorte de superficie en relación coa primeira autorización non estivo suficientemente motivada e anulouna”.

POSTOS DE TRABALLO E IMPOSTOS

A portavoz popular, Katy Varela, sinala que “con cada acto administrativo no que se restrinxe o uso do espazo público por parte de local de hostalería, pérdense postos de traballo e recadación por parte do Concello. Sen dúbida, a mellor forma de recadar impostos é a través do empuxe económico da cidade”.

Os populares indican que “o alcalde pretende por decreto decidir o uso público do espazo para terrazas e limitalo sen pasar por debate plenario e modificar correctamente a ordenanza que existe ao respecto”. Non entenden “ese capricho de limitar o espazo dunha forma xenérica sen atender ás circunstancias de situación de cada negocio”.

O PP destaca que Monforte depende economicamente en gran parte da tempada estival, na que e a hostalería ve incrementados o seus ingresos coa chegada de turistas. Polo tanto, “a administración local debe dar facilidades para que poidan desfrutar de máis espazo público sen vulnerar as norma de tráfico ou de tránsito de peóns”, aseguran.

PRAZAS NO CAMPAMENTO DE VERÁN

Por outra parte, o grupo municipal do PP defenderá no pleno una moción para ampliar o número de prazas correspondentes aos nenos con necesidades especiais no campamento de verán deste ano.

Os populares lembran que o pasado 14 de maio o alcalde deu a coñecer o programa deportivo de verán para rapaces de este ano. Aumenta o número de prazas, pero, afirman, “de novo non se teñen en conta os nenos con necesidades especiais”. Indican que  “aumentan as prazas para nenos con discapacidade de 4 a 6 prazas, polo incremento dun 25 % das prazas en xeral, pero, como xa denunciaron o ano pasado, non son suficientes”.

Os concelleiros populares din que “a inclusión é unha obriga que se recolle en todas as normas que se aproban na actualidade, pero sobre todo é unha obriga moral, e cumprir cun mínimo insuficiente non é o máis axeitado”.

I am text block. Click edit button to change this text. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo.