Skip to main content
Monforte

O alcalde de Monforte anuncia máis de 180.000 euros para melloras en instalacións deportivas

Por 30 Maio, 2022Maio 31st, 2022Sin comentarios

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, vén de anunciar importantes investimentos que o Concello ten previsto levar a cabo en dúas importantes instalacións deportivas da cidade como son o Campo Municipal de Fútbol da Pinguela e o Campo Municipal de Fútbol Luís Bodegas.

En concreto trátase dun investimento total de máis de 180.000 euros en proxectos “dos que xa estamos ultimando a súa posta en marcha e execución, xunto coa Concellería de Deportes, proxectos que sen dúbida mellorarán significativamente as instalacións e os servizos ofertados por estas dúas instalacións deportivas municipais”, sinala o alcalde.

A PINGUELA

As actuacións que o Concello prevé acometer no Campo Municipal de Fútbol da Pinguela son:

  • A renovación do terreo de xogo do campo, cun investimento de 48.309,25 euros.
  • A mellora da iluminación do campo de fútbol e as pistas de atletismo, e a instalación de iluminación nas gradas, por un total de 47.795,00 euros.
  • A instalación de vídeo marcador de 9 metros cadrados cun investimento de 23.995,24 euros

Polo tanto, a inversión total prevista para o Campo Municipal de Fútbol da Pinguela é de 120.099,49 euros.

LUÍS BODEGAS

Polo que respecta ó Campo Municipal de Fútbol Luís Bodegas, o Concello ten previstas as seguintes actuacións.

  • Mellora da iluminación dos campos de fútbol, con cambio a tecnoloxía LED, por un valor estimado de 45.980,00 euros.
  • Instalación dun vídeo marcador de 5 metros cadrados cun orzamento estimado de 15.656,30 euros.

O investimento total previsto para o Campo Municipal de Fútbol Luís Bodegas é de 61.636,30 euros.