Skip to main content
Monforte

A campaña ‘Quere o teu mercado’, inaugurada na Praza de Abastos de Monforte

Por 29 Maio, 2022Maio 31st, 2022Sin comentarios

A Praza de Abastos de Monforte de Lemos, celebrou a campaña internacional Quere o teu mercado, que foi inaugurada pola 1ª tenente de alcalde do Concello. A actividade está organizada polo Concello e conta co apoio da Dirección Xeral de Comercio.

Gloria Prada destacou a importancia de salientar “o valor dos mercados de proximidade e produtos de tempada” e salientou a labor tanto dos produtores locais coma dos praceiros e praceiras que “a través de canles curtas de comercialización aportan e garanten a calidade dos produtos alimentarios ó consumidor final”.

A actividade central das xornadas foi o desenvolvemento, entre as 11.00 e as 13.00 horas, dun obradoiro de barro que consistiu en na elaboración dun testo para plantar unha planta, e nel participaron arredor de medio centenar de nenos e nenas da cidade do Cabe.

Do mesmo xeito, A representante municipal foi a encargada de repartir agasallos e material promocional tanto entre os participantes no obradoiro coma entre os praceiros e praceiras da Praza de Abastos monfortina.