Skip to main content
Pantón

A Mostra de Viños de Pantón regresou con forza

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participaron este domingo na 27ª edición da Mostra de Viños de Pantón, que este ano estrenaba a súa condición de festa de interese turístico de Galicia e conta co apoio económico da institución provincial. A cita, que se celebrou no Campo da Feira desta localidade, recuperou todo o seu esplendor tras dous anos interrompida pola pandemia.

O programa de actividades da feira, coa que colabora a Deputación con 10.000€ a través do Plan Único 2022, incluíu a lectura do pregón, folión co grupo de acordeóns da asociación Xograres de Lemos e unha festa coa orquestra Solara.

Tomé Roca sinalou que “a actividade vitivinícola é un bo exemplo da potencialidade do sector primario na provincia e un exemplo de como traballar na mellora do produto, na súa comercialización ou na construción da súa imaxe”. O mandatario provincial engadiu a importancia deste sector para o PIB da provincia e a riqueza que xera no rural “grazas tamén ao seu impacto social e a que favorece a outros sectores como a hostalería, o comercio e o turismo”.

DÚAS XORNADAS FESTIVAS

Nesta edición, que estreou distinción como festa de interese turístico de Galicia, a organización apostou por un formato de dous días e combinouse coa V Festa da Empanada, que se celebrou no recinto do Castro. As adegas que presentaron os seus caldos foron as de Alma das Donas, Casa Moreiras, Finca Míllara, Ciudáseis, Nogueiras, Capilla, Don Ventura e Corzoás.

A Deputación de Lugo colabora este ano co Concello de Pantón con máis de 330.000€ a través do Plan Único 2022, que inclúe diferentes liñas de actuación como a mellora de infraestruturas, creación de emprego, o Servizo de Asistencia no Fogar, actividades deportivas e administración electrónica.