Skip to main content
Pantón

En marcha as obras para o arranxo da estrada provincial entre Moreda e Paderne

O grupo socialista de Pantón avanzou que o parque móbil da Deputación Provincial de Lugo comezou as obras para arranxar a estrada provincial de Moreda a Paderne, concretamente a LU-P-4108.

Os socialistas remarcan que “xa comezaron este martes día 24 as obras do firme que consistiran no acondicionamento da vía con rego asfáltico nun tramo de 4 quilómetros da estada LU-P-4108” e que realiza cos medios propios do parque móbil da Deputación de Lugo.

“Coa reparación desta vía de comunicación melloramos a seguridade viaria desta estrada provincial e, ao mesmo tempo, damos resposta ás demandas da veciñanza que reclamaba o arranxo deste vial tan utilizado na contorna”, explican dende o PSdeG.

“Os socialistas de Pantón mantivemos diversas conversas co presidente da Deputación, José Tomé Roca, ao que lle trasladamos as nosas prioridades co fin de mellorar as nosas dotacións publicas, así como as estradas provinciais que transcorren polo noso Concello, como neste caso a de Moreda a Paderne. Por iso, queremos agradecer o compromiso do Presidente da Deputación coa veciñanza de Pantón. Prometeuno e cumpriu”, sinalan dende o PSdeG.

“Por último, queremos remarcar que dende a Agrupación Socialista de Pantón vamos a seguir traballando dende tódolos recunchos do noso Concello, presentando iniciativas e defendo propostas que contribúan a mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza. Estamos a vosa disposición para traballar polo futuro do noso concello”, puntualizan.