Skip to main content
Quiroga

O presidente da Deputación resalta a calidade do aceite na Mostra de Quiroga

Por 30 Maio, 2022Maio 31st, 2022Sin comentarios

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participaron este domingo na XXII Mostra do Aceite de Quiroga. A cita celebrouse no Muiño de Aceite de Bendilló, nas Farrapas.

José Tomé percorreu os postos dos produtores participantes nesta cita que se recuperou logo do parón pola pandemia da Covid-19. O mandatario provincial salientou a calidade e singularidade do aceite que se produce no municipio e puxo en valor o traballo das persoas que se dedican ao aceite. “É indiscutible que se trata dun produto excelente que cada vez ten un maior recoñecemento entre os consumidores que reclaman alta calidade e xeitos de produción sostibles e respectuosos co medio ambiente”.

A Deputación de Lugo colabora este ano co Concello de Quiroga con máis de 350.000 euros a través do Plan Único 2022, que inclúe diferentes liñas de actuación como a mellora de infraestruturas, a creación de emprego e o Servizo de Axuda no Fogar.