Skip to main content
O Saviñao

A Asociación de Veciños de O Saviñao protesta contra un novo parque eólico

A Asociación de Veciños de O Saviñao mostrou o seu malestar polo que consideran “a excesiva proliferación” de parques eólicos despois de coñecer nas últimas datas a intención de construir unha nova instalación desde tipo no municipio limítrofe de Paradela.

A agrupación veciñal considera que esta infraestructura vai afectar á xona norte de O Saviñao, máis en concreto aos lugares de Valdorraca, Orxaínza, Agra e Souceda. Por iso, a entidade, que asume as alegacións propostas porla plataforma rural Interior Galego Vigo, á que ésta adherida, rexistrou o pasado 4 de maio as alegación no portelo único do concello.

O escrito vai dirixido á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación para que sexa tido en conta tanto no estudio de impacto ambiental como no proxecto sectorial.