Skip to main content
Sober

Lola de A Pena de Gundivós, a avoa de Sober, cumpre 108 anos

Por 23 Maio, 2022Maio 24th, 2022Sin comentarios

O luns 23 de maio de 2022 vai ser unha data especial no Concello de Sober posto que se trata do día no que cumpre anos unha das veciñas do municipio. Pero non é un cumpreanos calquera.

Porque Dolores González, máis coñecida entre os veciños dos diferentes municipios de Sober como Lola de A Pena de Gundivós, celebra coa súa filla, netos e bisnetos que tal día como hoxe pero fai xa cento oito anos vía a luz por primeira vez na súa longa vida.

Precisamente, esos 108 anos de vida convirten a Lola de A Pena de Gundivós no avoa de Sober, a persoa máis lonxeva dun municipio onde a día de hoxe hai en total once persoas centenarias, tres hombes e oito mulleres que superan os cen anos de idade.