Skip to main content
Sober

O prazo para preinscribirse no Campamento de Verán de Sober finaliza o venres

Por 31 Maio, 2022Xuño 3rd, 2022Sin comentarios

O Concello de Sober organiza un campamento de verán para nenos e nenas de 4 a 12 anos dende o 4 de xullo ao 4 de agosto. Baixo o nome Coñece o teu Concello os asistentes realizarán diversas actividades, xogos e saídas desde as 10.30 ás 13.30 horas.

Os interesados en facer a inscrición ou solicitar máis información poden facelo nos teléfonos 982 460 001 ou no 982 460 513.

O prazo de preinscrición finaliza este venres 3 de xuño.