Skip to main content
Taboada

Taboada celebra este venres a Festa dos Papeiros

Por 20 Maio, 2022Maio 21st, 2022Sin comentarios

A rúa Nova de Taboada será o escenario este venres da Festa dos Papeiros, que consistirá nunha churrascada seguida da tradicional verbena.

O Bar Rian, a Parrillada San Martiño e a Cafetería Santa Lucía serán os lugares onde se van poder comprar os tickets para participar na churrascada ao módico prezo de 10 euros.

As actuacións musicais empezarán as doce da noite momento no que subirán ao escenario a orquestra Combo Dominicano  e DJ Bembibre para encher de ritmo esta Festa dos Papeiros ata altas horas da madrugada.