Skip to main content
Sarria

Sarria formará a vinte e cinco novos monitores de tempo libre

Por 11 Maio, 2022Maio 24th, 2022Sin comentarios

Ata o próximo día 18 de maio permanecerá aberto o período de inscrición no curso de monitor de tempo libre que organiza o Concello de Sarria. A actividade, que comezará o próximo día 21, será semipresencial e oferta un máximo de 25 prazas.

Todas aquelas persoas interesadas en solicitar máis información ou matricularse neste curso poden chamar ao teléfono 604 004 292 ou enviar un mail á dirección de correo electrónico animacion@grupovitae.com

A Casa da Cultura de Sarria, ubicada na calle Marqués de Ugena, é o lugar elixido para impartir este curso que terá unha duración de 200 horas, das cales 150 horas serán de formación práctica.

A formación presencial realizarase entre os fins de semana de maio e xuño, comezando o próximo día 21. As clases serán en xornada de mañá, de 9.00 a 14.00 horas, e de tarde, de 15.30 a 20.30 horas.

O único requisito para poder tomar parte desta actividade formativa é ser maior de idade. Os interesados tamén necesitan estar en posesión do título de ESO ou unha formación equivalente.

PRECIO

O custo desde curso de monitor de tempo libre será de 220 euros aínda que o Concello de Sarria ten previsto establecer unha tarifa especial de 120 euros, da que se beneficiarán aquelas persoas que estén empadroadas no municipio e que se encontren en situación de desemprego. Será obrigatorio acreditar estas dúas condicións para poder acceder ao desconto no precio.