Skip to main content
Láncara

Láncara acolle a VII Reunión da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes

Por 25 Maio, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

O Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción (Muvicla) de Trasliste, no concello de Láncara, acollerá os vindeiros 27 e 28 de maio a VII Reunión da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, una actividade na que colabora Medio Rural da Deputación de Lugo.

A área dirixida por Mónica Freire achega 2.000 euros para a celebración das xornadas, nas que se abordarán as vantaxas dos modelos extensivos e adaptados ao territorio na produción de carne baixo o título Sistemas de produción de carne resilientes ás crises.

A deputada provincial sinalou que “apoiamos un ano máis estes encontros formativos e divulgativos da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes nos que gandeiros e gandeiras de todo o país exporán as fortalezas de sistemas de produción baseados no pastoreo e na alimentación con forraxes propias, que reducen a dependencia de insumos externos e que, polo tanto,  protexen as gandeirías fronte a alzas de prezos como a que estamos a vivir nos últimos meses”

“Entendemos que desde as adminstracións debemos involucrarnos na divulgación e no apoio destes modelos produtivos máis sustentables tanto desde o punto de vista económico como ambiental”, concluíu a deputada, que participará o venres na inauguración das xornadas.