Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

Sarria organiza para o 15 de maio a carreira Vivas e visibles 2022

Por 3 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello de Sarria organiza para o domingo 15 de maio a carreira  Vivas e visibles 2022, unha proba deportiva en prol da muller que xa conta con arredor de 460 inscritos.

Disputarase sobre un circuito que é de asfalto e sendeiros de área, mesturando zona urbana con natureza cunha volta de 5 quilómetros con apenas desnivel.

A proba comezará ás 18.00 horas e o seu punto de saída estará situado no bulevar de Calvo Sotelo á altura de catro camiños con dirección Samos para despois xirar á dereita pola rúa Castelao e no cuartel da Garda Civil seguir dirección Ponte das Aceas para volver pola zona do campo de fútbol ata a carretera Monforte e alí de novo a rúa Castelao, pavillón baloncesto, piscina e cruzando zona hotel. meta estará no Malecón do rio debidamente sinalizada.

Abrirase un período de inscripción que rematará o mércores día 10 de maio e dita inscrición realizarase en www.championchipnorte ou www.sarriacorre.com . A cuota de inscrición para as carreiras absolutas é de balde.

Haberá trofeos para os tres primeiros homes e tres primeiras mulleres da carreira así como medalla para os tres primeiros de cada categoría.