Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

As minis do CB Sarria buscan a Final Four da Liga Galega

Por 13 Maio, 2022Maio 15th, 2022Sin comentarios

O Club Baloncesto Sarria afronta unha fin de semana “tranquila”, con só tres partidos, debido á ponte do Día das Letras Galegas e a que moitas competicións xa chegaron ao están chegando ao seu fin. Eso sí, serán só tres partidos pero todos eles da máxima importancia.

CADETE FEMININO

O sábado, ás 12.00 horas, o equipo cadete feminino Castro Agrasar CB Sarria visitará o Pavillón do Colexio Esteiro de Ferrol para medirse ao Baxi Ferrol na súa loita por acadar o ascenso. As cadetes buscarán retomar as victorias trala derrota da pasada xornada en casa co Montrove (52-55) fronte a un rival que caeu nos seus primeiros partidos neste Grupo Norte da fase de ascenso.

CADETE MASCULINO

O domingo serán os cadetes do Oral Design CB Sarria os que se despracen a Ferrol para xogar en Santa Mariña (17.00 horas) ante o Aringal Basket Ferrol. Cunha victoria e unha derrota no seu casillero, os cadetes intentarán asaltar a cancha do líder invicto.

MINI FEMININO

E tamén o domingo pero xa na casa, no Pavillón do Chanto, chegará, ás 18.00 horas, o partido estrela da fin de semana. Un encontro no que as minis do Cementos Cosmos CB Sarria tentarán dar un paso de xigante para deixar casi asegurada a súa clasificación para a Final Four da Liga Galega Mini.

As locais, líderes invictas, reciben ao Basket Coruña Leyma U12, segundo clasficado cunha única derrota, precisamente a encaixada fai sete días na súa pista ante o Cementos Cosmos (49-58). Por iso, unha nova victoria do CB Sarria suporía deixar moi ben encarrilada a súa presenza na fase final