Skip to main content
Deportes SARRIAXA

Pleno de victorias para os equipos do CB Sarria

Proveitosa fin de semana para os diferentes equipos do Club Baloncesto Sarria, que seguen con paso firme neste final de tempada colleitando importantes triunfos para acadar os seus obxectivos.

O MINI MASCULINO, CAMPIÓN PROVINCIAL

A primera cita foi o sábado a partires das 11.00 horas no Pavillón do Chanto, onde os minis do Oribio Construcciones C.B. Sarria recibían ao Estudiantes Azul. O partido, sobre o papel, parecía fácil para os locais, líderes da clasificación con 8 victorias e 1 derrota no seu taboleiro, ante un conxunto visitante que ocupaba a última praza sen coñecer aínda o triunfo.

Ademais, os minis do C.B. Sarria non podían relaxarse nin o máis mínimo posto que nesta última xornada ligueira necesitaban gañar para proclamarse campións provinciais. Non o fixeron e non fallaron para acabar impoñéndose 66-42 e celebrar así o seu título provincial cun baño no río Sarria.

AS MINIS, NA FASE FINAL DA LIGA GALEGA

Xa pola tarde, ás 16.30 horas, foi o turno das minis do Cemento Cosmos C.B. Sarria que recibían también no Pavillón do Chanto ao Academia Celta. O traballado triunfo (51-42) confirma a clasificación das minis para a Fase Final da Liga Galega.

Nembargantes, haberá que esperar a última xornada e ó resultado do Cemento Cosmos en Vigo de novo ante o Academia Celta así como a unha posible derrota do líder, o Basquet Coruña, na súa casa fronte ao Salesianos Vigo para saber se clasifican como primeiras ou segundas.

VICTORIAS DOS CADETES E JUNIORS

Na fase de ascenso cadete masculina, o Oral Design C.B. Sarria conseguiu unha meritoria victoria ante o ata entonces líder invicto, o Aringal Basket Ferrol (74-68) no encontró que se disputou no Pavillón do Chanto o sábado ás 18.30 horas.

Ese mesmo día e a esa mesma hora pero no Pavillón Anexo 2 de Lugo, os juniors do MGR C.B. Sarria visitan ao Ensino Chantada na Copa Premium conseguindo o triunfo.

AS CADETES, SEGUNDAS NA FASE DE ASCENSO

A xornada do domingo tamén deixou importantes citas e moitas alegrías para o C.B. Sarria. As máis madrugadoras, ás 11.00 horas no Pavillón do Chanto, foron as cadetes do Castro Agrasar, que na súa loita na fase de ascenso venceron con facilidade ao colista do grupo norte, o Baxi Ferrol (81-44), para afianzarse na segunda praza.

MEDIO BILLETE Á ESTRADA PARA AS PREMINIS

As preminis do María T. Martínez Dental C.B. Sarria, pola súa banda, afrontaron no Pavillón Municipal Calo-Teo de A Coruña a segunda xornada de concentración da Liga Galega. No seu primeiro compromiso sufriron para vencer con moitos apuros ao Galogrín feminino por un apretadísimo 27-24. E xa pola tarde firmaron un gran partido para imponerse con claridade ao ata entón invicto Montrove (49-23) para colocarse na primeira praza e poñer un pé na Fase Final da Liga Galega premini que como é habitual disputarase en A Estrada.

ASCENSO DO SENIOR

O último compromiso da fin de semana, pero non por iso o menos importante, foi o domingo ás 17.00 horas no Pavillón do Chanto. Co apoio dos seus siareiros, os senior do MGR C.B. Sarria  venceron ao Terra Chá (66-55) para certificar o seu ascenso de categoría.