Skip to main content
Deportes SARRIAXA

A Sarriana queda outra vez ás portas do ascenso

Por 24 Maio, 2022Maio 26th, 2022Sin comentarios

O equipo presidido por Manuel Sangil dependía de sí mesmo para subir a Terceira RFEF. Desprazáronse cerca de 300 siareiros para animar ao equipo en Arteixo pero a derrota por 3-0 acaba coa ilusión por segundo ano consecutivo.

“Estamos fastidiados porque outra vez quedamos ás portas. O fútbol é así pero quedas jodido. Pasar polo mesmo dous anos seguidos é terrible porque ves como todo o traballo dun ano queda truncado por un partido”.

Así tentaba explicar Manuel Sangil, presidente da Sarriana, o sentir dun equipo ao que volvéuselle escurrir a gloria entre os dedos. A posibilidade de facer historia e lograr o ansiado ascenso á Terceira RFEF esfumouse da forma máis cruel posible. Na última xogada do partido.

O equipo de Edu Rodríguez viaxaba a Arteixo coa ilusión de saber que dependía de sí mesmo. Unha victoria dáballe xa o ascenso matemático sen ter que esperar á agónica última xornada. Non ía ser fácil porque os locais atopábanse nunha situación parecida. Necesitaban gañar para non despedirse do sono da Terceira RFEF.

MAREA BRANCA

Pero a Sarriana contaba cunha baza máis para reforzar a súa convicción. A “Marea branca” respostou e dous autobuses completamente cheos ademais de motístimos vehículos particulares desprazáronse ata Arteixo para empurrar ao equipo.

“Foi impresionante o que vivimos alí en Arteixo. Vin alí xente de Sarria que non vira nunca no noso campo. Enchéronse dous buses e moitos nenos da base foron coas súas camisetas, ademais de outros moitos siareiros. Nunca vira un desprazamento así. Non sei dicir ben pero penso que había máis de 300 persoas de Sarria”, comenta emocionado Manuel Sangil.

DOUS CONTRATEMPOS NA PRIMEIRA METADE

A ilusión era máxima e o inicio do encontro invitaba tamén ao optimismo. A Sarriana dominaba pero sin crear perigo real ata que case no minuto 20 chegaba o primeiro mazazo. Edu de la Puente adiantaba ao Arteixo dende os once metros. “Foi unha pena porque o noso porteiro case o para. Adivinou o lado pero pasoulle a pelota por baixo”, sinala o máximo mandatario da Sarriana.

Para colmo, o equipo presidido por Manuel Sangil recibía inda outro duro golpe antes do intermedio coa lesión de Adri Díaz. Tocaba remontar tras o paso por vestiarios.

Pero non foi así. “Na segunda parte o equipo estaba nervioso e descontrolado”, apunta o presidente. O corazón impúxose á cabeza. E pasou o que sí que non podía pasar. O Arteixo lograba o segundo no minuto 80 pero a Sarriana conservaba ao seu favor o golaverage gracias ao 3-1 do partido da primeira volta. O encontro estaba xa perdido aínda que non toda esperanza.

GOLAVERAXE PERDIDO

Quedaba unha última opción na derradeira xornada en casa ante o Paiosaco. Un último cartucho que queimar. Sen embargo, a mala fortuna cebouse co conxunto de Edu Rodríguez na última acción do choque. “Os xogadores estaban xa completamente descentrados e un erro entre un defensa e o porteiro regaloulles o 3-0 no minuto 95. Ahí perdemos o golaveraxe. Foi o último cravo enriba da ilusión de lograr o ascenso”, recorda amargamente Sangil.

A COPA DO REY COMO CONSUELO

Ese último tanto provocou que a derradeira xornada na casa ante o Paiosaco vaia ser un mero trámite. “Quedou un partido descafeinado por completo”, subliña o presidente quen, pese a todo, sinala que “imos ter o premio da Copa do Rey. Vai ser a primeira vez que a imos xogar e se conseguimos pasar a primeira ronda enfrontarémonos a un Primeira División”.

UNHA DIRECTIVA TOCADA

O ánimo do presidente da Sarriana está tocado, case afundido. “O domingo según saimos do campo falaba cos outros directivos e demais xente e estaban queimados, con ganas de deixar todo. Son dous paus seguidos e moi difíciles de asimilar”. Un pensamento que comparte Sangil. “A nivel personal, síntome cansado. O traballo como presidente é grande e teño outros proxectos e un negocio. Estamos moi tocados moralmente e temos que valorar máis en frío hacia finais de semana cos compañeiros porque este ano haberá eleccións”, puntualiza.

MÁIS AXUDAS E COLABORACIÓN

Sí ten claro Sangil que as cousas non poden seguir como ata agora. Por iso, asegura que “no caso de seguir pediría axuda para un proxecto que involucre máis xente que traballe. Teño que agradecer a labor dos directivos actuais pero é complicado manter un equipo en Preferente así. Nesta categoría sempre hai catro ou cinco equipos cun presuposto como de Terceira pero sen esas axudas de 55.000 euros que dalles a eles a Federación Galega. Un ano o fas, dous tamén pero tres é xa moito. Necesitaríamos máis apoio, máis xente que se involucre”.

ABERTO A UN RELEVO

De feito, o todavía presidente da Sarriana está máis que disposto a dar un paso atrás. “Se hai un proxecto ilusionante e bo, non teño problema algún en ceder as riendas do club. Non é importante quen esté, se son eu ou outro. O importante é o club e conseguir o obxectivo esté quen esté”, sentencia Sangil.