Skip to main content
O Incio

O Incio publica a súa oferta de emprego público para 2022

Por 2 Maio, 2022Maio 3rd, 2022Sin comentarios

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo recolle hoxe 2 de mayo de 2022 a oferta de emprego público do Concello do Incio para este ano, unha oferta aprobada mediante resolución da alcaldía o pasado 7 de abril e que xa está dotada orzamentariamente.

As dúas prazas ofertadas, ás que se accederá mediante un concurso oposición libre, son de persoal laboral fixo. Unha será para un Grupo A1 da escala de administración especial como axente de emprego e desenvolvemento local e a outra e para persoal de oficial,  para o posto de operario de servizos varios.