Skip to main content
BóvedaO Incio

O Incio e Bóveda agrupan voluntariamente o posto de secretaría intervención

O Consello da Xunta aprobou o proxecto de decreto polo que se aproba a agrupación voluntaria entre os concellos de Bóveda e O Incio para o sostemento en común do posto de traballo de secretaría-intervención, reservado a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional.

A constitución da agrupación responde a criterios de economía e eficiencia, evitando a duplicidade de gastos polo que se refire ao salario base, complemento de destino, trienios e seguridade social do posto de traballo reservado de secretaría-intervención.

A constitución desta agrupación voluntaria para o sostemento en común do posto de traballo reservado de secretaría-intervención débese á insuficiencia de recursos económicos existente en as ambas entidades locais, ocasionada en gran medida pola redución paulatina da poboación, o que supón unha diminución da principal fonte de ingresos ordinarios (a participación nos tributos do Estado) e da recadación de impostos, taxas e prezos públicos.