Skip to main content
Láncara

A Feira da Tenreira Galega loce o seu Interés Turístico de Galicia

Por 2 Maio, 2022Maio 10th, 2022Sin comentarios

O evento estreou o recoñemento dous anos despois por culpa da pandemia do Covid-19 por todo o alto, reunindo a más de 4.000 asistentes.

A estrea como Festa de Interés Turístico de Galicia da Feira da Tenreira Galega da Pobra de San Xiao dous anos despois de ter obtido o recoñecemento no ano 2020 foi un rotundo éxito. A larga espera debido á pandemia do Covid-19 provocou que a expectación ante esta edición, a primeira tras as restriccións, fora máxima. Tanta como ganas de festa había. Por iso, segundo os cálculos do Concello de Láncara, máis de 4.000 persoas participaron no evento.

A encargada de abrir a xornada festiva como pregoeira desta Feira da Tenreira Galega foi a escritora de Monseiro Rocío López Núñez, quen nas súas verbas ensalzou aos veciños de Láncara destacando “o seu carácter aberto e hospitalario e a axuda mútua para sacar o traballo adiante”. Ademáis, pediu un recoñecemento público para todos, particulares, organismos e empresas, os que traballaron a reo para conseguir a declaración como Festa de Interés Turístico de Galicia.

A pregoeira quiso lembrarse tamén “dos gandeiros e gandeiras que, como meus país, traballaron e traballan moito e cobran moi pouco”. E tamén tivo un recordo para “todos aqueles que de forma directa ou indirecta padeceron a pandemia” e para unha persoa en particular, a veciña Rosa Sánchez, xa falecida hai anos. “Gracias a ela e a súa filla, Rosa Sierra, hoxe son o que son como escritora”, explicou.

Moi feliz por poder leer o pregón no concello que a viu nacer, Rocío López estivo acompañada polo alcalde, Darío Piñeiro, quen tamén lle fixo entrega dunha placa conmemorativa.

DEGUSTACIÓN DE TENREIRA

O rexedor municipal mostrouse especialmente ledo pola gran acollida desta edición, cunha participación estimada superior ás 4.000 persoas ao longo de toda a xornada. Un milleiro delas non quixeron perderse a degustación de tenreira galega suprema celebrada nunha das carpas do campo da feira da Pobra. Foi aí onde o restaurante Canedo serviu carne ao caldeiro ou costela asada con bebida, postre e café ao módico prezo de 16 euros.

A feira contou tamén con numerosos postos de artesanía e produtos de alimentación, nos que houbo degustacións gratuitas de queixos artesáns, marmeladas ou sidra ecolóxica do país.

A amenización musical dun evento no que o gando foi protagonista cunha exposición de reses de rubia galega, correu a cargo do grupo Punto Clave.

Entre as numerosas autoridades que non quixeron perderse o regresa da Feira da Tenreira Galega á Pobra de San Xiao se encontraban os rexedores doutos concellos da zona, o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín Muñoz, a xefa territorial de Medio Rural, Olga Iglesias, e varios deputados provinciais.

O Concello de Láncara obsequiou cunha placa ao ex alcalde, Eladio Capón, polo seu traballo para impulsar esta feria nas súas primeiras edicións. Da mesma forma, entregóuselle á asociación Objetivo Diagnóstico os 1.425 euros recaudados nos campionatos de parchís e de tute benéficos.

DOUS MIL EUROS EN PREMIOS

A gandería Santalla foi a ganadora de crias mentres que as reses de Manuel López Quiroga quedaron clasificadas no primero lugar en becerras, vacas e becerrotas. No apartado de touros e no de raza rubia galega o vencedor foi o gando de José Antonio Ferreiro Palacios. En total repartíronse preto de dous mil euros en premios.

DÚAS BECERRAS

Por xentileza da Deputación Provincial de Lugo e do Concello de Láncara sorteáronse dúas becerras na xornada de tarda. A primera rifouse entre todas as persoas empadroadas no municipio, resultando premiada unha veciña da Pobra, e a outra entre todos os asistentes á feira, sendo o afortunado un dos integrantes do grupo musical Punto Clave.