Skip to main content
Láncara

Críticas dos socialistas de Láncara ao voceiro do PP por “menospreciar aos seus compañeiros de partido”

Por 20 Maio, 2022Maio 23rd, 2022Sin comentarios

O alcalde de Láncara, Darío Piñeiro criticou a actitude do concelleiro do PP, Santiago Cubillas, “xa que vai anunciando a bombo e platillo por todo o concello que non será o cabeza de lista nas vindeiras municipais”, e que polo tanto busca candidato.

Os socialistas din que con esta actitude, “Cubillas está menospreciando aos seus propios compañeiros de partido e de candidatura en Láncara”. E advirten que en política “fai falla xente que sume, que aporte ideas e non enfrontamentos estériles, incluso como neste caso dentro do seu propio partido, como adoita a facer este voceiro do PP”.

“Santiago Cubillas anuncia que non será candidato pero parece que tampouco lle valen ningún dos seus compañeiros de filas. Por iso, dende aquí convidámolo a deixar paso a compañeiros comprometidos polo futuro do noso Concello. Láncara necesita concelleiros traballadores e comprometidos e non oportunistas”, remarcan dende o PSdeG.