Skip to main content
O Páramo

As Feiras de Primavera regresan ao Páramo

Por 9 Maio, 2022Maio 24th, 2022Sin comentarios

As Feiras e Festas de Primavera do concello de O Páramo regresan este ano despois do obrigado parón pola pandemia do Covid-19 para cumplir a súa cuadraxésima edición do 10 ao 12 de xuño.

Como xa é habitual nesta cita, un dos certames máis veteranos de toda Galicia e que cada ano reúne a un gran número de persoas, o concurso de ganado vacuno será unha das súas grandes atracciones. De feito, na última edición celebrada, a do ano 2019, na que houbo tamén actuacións musicais como a do grupo flok “Luar na Lubre” e un espectáculo de doma ecuestrem repartíronse preto de 5.000 euros en premios e foron galardonadas nove ganderías.

A Asociación de Amigos do Campo da Feira, a encargada de organizar este evento en colaboración co Concello de O Páramo, aínda está a dar os últimos retoques ao programa dunhas festas que volven con moita ilusión tras dous obrigados anos de ausencia.

A primeira xornada festiva será o día 10 de xuño, festivo local en O Páramo, e como é tradición además da inauguración e o pregón, o día estará adicado ao gando vacún e ao concurso.

As actividades continuarán o día 11 de xuño para o que están previstas demostracións caninas e de cetrería.

As Feiras e Festas de Primavera de O Páramo rematarán o 12 de xuño cunha feira de cabalos e un espectáculo de doma despois de tres intensas xornadas onde, por suposto, non faltarán actuacións musicais e mostras de artesanía e de maquinaria agrícola.