Skip to main content
Sarria

A pasarela metálica provisional da Ponte Ribeira de Sarria abre o paso peonil

Por 1 Maio, 2022Maio 2nd, 2022Sin comentarios

Despois de oito anos a Ponte Ribeira volve acoller aos peóns. Tanto veciños coma peregrinos poden cruzar esta nova infraestrutura camiñando. A pasarela metálica provisional foi construída polo Concello para poder rehabilitar Ponte Ribeira. Nos próximos días abrirase o tráfico rodado, cando os semáforos estean en funcionamento.

Aínda que non houbo unha inauguración oficial, os operarios retiraron os valos que cortaban o paso e foron moitos os veciños e curiosos que se achegaron a dar os primeiros paseos pola ponte.

Probisa foi a empresa adxudicataria da instalación da pasarela metálica provisional da Ponte Ribeira de Sarria. A instalación desta ponte metálica comezou a principios de ano, e prevíase que estivera lista para febreiro.

Con esta nova infraestrutura reabriuse o viaduto tras máis de oito anos cortado tanto para os peóns como para os vehículos. O custe desta pasarela ascende a 109.810 euros máis 17.375 que irán destinados ao acondicionamento da contorna. O financiamento corre a cargo dunha axuda de 150.000 euros da Deputación de Lugo.

Esta pasarela será de carácter provisional mentres se rehabilita a Ponte Ribeira, un paso que forma parte das 10 pontes francas que se atopan no Camiño Francés, desde Roncesvalles a Santiago. É unha infraestrutura que forma parte tamén do arraigamento dos sarriáns e dos galegos en xeral, dende hai séculos, ao tránsito de peregrinos pola xeografía da vila ata completar o Camiño.