Skip to main content
Sarria

Tres veciñas de Sarria, premiadas no sorteo de ACES pola campaña do Día da Nai

Por 4 Maio, 2022Maio 6th, 2022Sin comentarios

Mercedes Pereiro Castro, María Teresa Pardo Torres e Pilar Veiga Rodríguez foron as tres afortunadas veciñas de Sarria que resultaron agraciadas no sorteo de premios con motivo da campaña do Día da Nai realizado na sede da Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionales y Autónomos de Sarria (ACES).

As tres premiadas obtiveron a súa participación neste sorteo especial con motivo da campaña do Día da Nai ao faceren as súas compras en establecementos adheridos á Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionales y Autónomos de Sarria entre o 19 de abril e o propio 1 de maio.

Nesta ocasión as compras das premiadas foron realizadas en: “Mercería Lucía”, “Electronova” e “Los Sueños de Uxía”.

Cada unha delas recibirá un vale de cincuenta euros nun acto que terá lugar o próximo xoves día 5 de maio as 18.30 horas nas oficinas da ACES.

CEA PARA DOUS

A entrega de premios, na que se fará entrega tamén da cea para dúas persoas que gañou Carla Doval pola adicatoria que lle deixou a súa nai, sendo a que máis “Me gusta” acadou nas nosas redes, correrá a cargo de Ricardo Arias, presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios – CCU de Sarria.