Skip to main content
Sarria

A pasarela de Ponte Ribeira de Sarria xa está aberta tamén para os vehículos

Despois de que fai pouco menos dunha semana a pasarela metálica provisional de Ponte Ribeira abrira para o paso dos peóns, agora, coa posta en marcha dos semáforos que regulan o tráfico rodado, entrou en servicio tamén para os vehículos.

A boa nova permite que oito anos despois os veciños de Sarria recuperen plenamente a movilidade entre as dúas marxes do río. A pasarela foi construida polo concello, precisamente, para tratar de solventar o problema existente dende que a antiga ponte quedara cortada.

Tras solventar varios impedimentos, as obras comenzaron a principios de ano. A empresa adxudicataria da instalación desta pasarela metálica foi Probisa, cun custe cercano aos 110.000 euros. A esta cifra hai que sumar os casi 20.000 euros adicados a acondicionar toda a contorna. Un gasto que o Concello de Sarria puido asumir e acometer gracias a unha axuda de 150.000 euros da Deputación de Lugo.

A pasarela consta dun único carril para os vehículos, regulando o tráfico para cada sentido uns semáforos, e unha parte peatonal separada dese carrir por unha varanda. A estructura ten un carácter provisional mentres se rehabilita a Ponte Ribeira, un paso que forma parte das 10 pontes francas que se atopan no Camiño Francés desde Roncesvalles a Santiago.