Skip to main content
Sarria

O PP de Sarria denuncia o aspecto que “non merece a vila máis grande do Camiño Francés en Galicia”

Por 7 Maio, 2022Maio 10th, 2022Sin comentarios

José Antonio García, portavoz do grupo municipal, pon voz as críticas vertidas nos últimos días nas redes sociais polos populares ante “o estado de abandono e desidia de zonas importantes e vinculantes, icónicas de Sarria”

A oposición non está contenta en Sarria. Polo menos o seu grupo maioritario, o Partido Popular. E así o fixo notar ao longo da semana, cunha notable actividade en redes sociais para mostrar con imaxes e textos o seu descontento coa xestión do goberno municipal. As queixas, ás que pon voz José Antonio García, portavoz municipal do PP, céntranse especialmente na figura do alcalde da vila, Claudio Garrido, e denuncian que “zonas absolutamente importantes e vinculantes de Sarria están cun aspecto que dan unha imaxe da vila que non é a que se merece o concello e a vila máis grande do Camiño Francés ao seu paso por Galicia”.

García, quen a pasada semana foi incluso expulsado dun pleno municipal no turno de ruegos e preguntas tras recibir tres apercibimentos por parte do alcalde, explica que “dende o grupo municipal do Partido Popular de Sarria levamos toda a semana insistindo na absoluta desidia na que se encontran zonas icónicas e representativas do Concello de Sarria, vinculadas de forma moi estreita ao Camiño de Santiago e que deixan unha imaxe de Sarria moi triste para miles de peregrinos que están xa a comenzar o que é a época forte do verán”.

“Zonas importantes de Sarria están cun aspecto que dan unha imaxe da vila que non é a que se merece o concello e a vila máis grande do Camiño Francés ao seu paso por Galicia”

E acto seguido desgrana os principales lugares afectados por este teórico abandono e os motivos polos que os populares consideran ineficaz a xestión municipal levada a cabo polos integrantes de Camiña Sarria. “En primeiro lugar falamos da Ponte da Áspera, unha ponte de interés cultural sobre trazado medieval á saída da vila de Sarria que se atopa absolutamente invadida pola maleza e polas silvas. Parece mentira que un icono de Sarria como é esta ponte sexa olvidada, esquecida absolutamente polo goberno municipal”, sinala o portavoz do PP.

“Parece mentira que un icono de Sarria como é esta ponte sexa olvidada, esquecida absolutamente polo goberno municipal”

José Antonio GarcíaPortavoz municipal del PP

A segunda zona onde centra as súas críticas José Antonio García e o seu grupo municipal é “o Mirador da Cárcere, o que era a antiga prisión preventiva de Sarria. Un Mirador no que, ademáis, se vén de gastar por parte do Concello, unha adxudicación de obra da que temos pedida a copia de expediente, 28.000 euros e que se atopa xusto agora que se acaba de pagar ou presuntamente pagar esa mellora nun aspecto absolutamente de abandono e de deterioro total”.

De feito, García avanza que “tamén pediremos explicacións sobre esta adxudicación e cómo pode ser que unha obra que se vén presuntamente de arranxar se atope na situación na que se atopa”.

“Pediremos explicacións sobre esta adxudicación e cómo pode ser que unha obra que se vén presuntamente de arranxar se atope na situación na que se atopa”

Para o final queda a zona na que os populares de Sarria atopan máis motivos de queixa, especialmente polo que simboliza. “Non podemos deixar de falor do Chanto. O Chanto é o parque de Sarria por excelencia. Unha zona recreativa, de ocio e de lecer das familias de Sarria, sobre todo na época de verán, e que agora mesmo se atopa totalmente destrozada”, láiase o portavoz do PP.

Acto seguido pasa a enumerar os problemas. “A presa que vincula a praia fluvial do Chanto está rota, desfeita e chea de maleza. O edificio público municipal onde hai un establecemento hosteleiro concesionado está apuntalado dende fai meses sen que dende o Concello se tome ningunha medida”, apunta.

“Na ribeira do río están caendo árbores de forma seguida nos últimos tempos sen que por parte o Concello adopte medida de seguridade algunha antes de que se produza calquer tipo de desgraza. E o paseo está roto e desfeito, con puntas oxidadas de cara a nenos e maiores que pasan todos os días por alí co claro risco que isto supón”, finaliza a súa exposición José Antonio García.

ESTRADAS DO RURAL

Ademais das críticas pola situación destas tres zonas emblemáticas, o grupo municipal popular de Sarria utiliza as súas redes sociais para exercer de altavoz, recollendo queixas de veciños das zonas rurais polo estado dos camiños e carreteiras. Así é o caso da pista a Goián por Calleiros, á que poñen como exemplo “da planificación do rural no Concello. Os veciños destrozando os seus vehículos tódolos días ante a desidia do gobernó municipal”. E para a que piden “o arranxo inmediato desta estrada municipal, que segue sen un proxecto de arranxo. Prometeran un plan de aglomerado en quente no rural e só fan parcheos que duran dous meses”.

Ante toda esta situación, o resume de José Antonio García é claro. “Creemos que é froito da desidia e do abandono nos que ten inmersos a Sarria o mantemento deste goberno de Claudio Garrido e Camiña Sarria”, sentencia o portavoz municipal do PP.

“Creemos que esta situación é froito da desidia e do abandono nos que ten inmersos a Sarria o mantemento deste goberno de Claudio Garrido e Camiña Sarria”