Skip to main content
Sarria

O conservatorio Cantiga de Sarria xa ten aberto o prazo de inscrición

O prazo de matrícula para o próximo curso no Conservatorio Elemental e Profesional de Música Cantiga de Sarria xa se encontra aberto e como novidades para o próximo curso oferta as especialidades de música moderna e jazz. Todos aqueles interesados en matricularse nalgunha das múltiples opcións que oferta esta entidade teñen de prazo para facelo ata o próximo 29 de xuño.

No caso das probas de acceso ao grado profesional de primeiro a sexto, a matrícula terá que formalizarse antes do 15 de xuño. Pero se a inscrición é para as probas de acceso aos cursos do grado elemental de primeiro a cuarto, o prazo remata o 25 de maio.

MÁIS DE 25 ANOS DE EXPERIENCIA

Cantiga de Sarria abriu as súas portas no ano 1995 así que conta con más de 25 anos de experiencia importando as especialidades de piano, guitarra, guitarra eléctrica, bajo eléctrico, violín, viola, violonchelo, percusión, acordeón, clarinete, saxofón, gaita gallega, trompeta, trombón, tuba, flauta travesera ou canto ás que se suman para o próximo curso a música moderna e o jazz.

A entidade seguirá tamén a impartir as clases de iniciación á música para nenos e nenas de entre 3 e 5 anos, preparatorio para rapaces e rapazas de 6 e 7 anos e as clases de adultos.

Para solicitar máis información ou formalizar a matrícula, os interesados poden acercarse á secretaría do centro na Rúa da Mercede nº58 en Sarria. Tamén poden facelo chamando por teléfono ao 630 773 232 ou a través de internet enviando un mail a cemu.profesional.cantiga@edu.xunta.gal.