Skip to main content
Sarria

O PP de Sarria denuncia o estado dos restos dun semáforo en Oural e do Campo do Río

Por 17 Maio, 2022Maio 19th, 2022Sin comentarios

O grupo municipal do PP de Sarria volveu a denunciar a través das súas redes sociales a actuación do goberno dirixido por Claudio Garrido. Nesta ocasión, as críticas dos populares centráronse no municipio de Oural e o estado da varanda de madeira do Campo do Río.

No primeiro caso, os populares expoñen que o Concello deixou na rúa ferros e cables de semáforos que xa foron desinstalados con anterioridade. A demanda do grupo dirixido por José Antonio García céntrase en solicitar a retirada de eses restos e sinalan que “o Concello decidiu non renovar os equipos de semáforos, reguladores da velocidade do tráfico rodado no núcleo, e optou polo barato, arrincar todo”.

Pero aclaran. “¿Todo? Todo non. Deixaron no medio da beirarrúa xa fai meses, por onde pasan os veciños, ferralla oxidada con cableado eléctrico, á altura dos nen@s e maiores”, denuncian nas súas mensaxes en redes sociais, antes de desexar que as súas queixas propicien unha solución antes de que sexa tarde.

“Cando a desidia habitual do goberno de Garrido non ten límites, ¿agardarán a que haxa un accidente?”, finaliza o seu comunicado.

A outra zona que preocupa polo seu estado ao PP de Sarria é o Campo do Río. Denuncian a situación dun enclave “no entorno e paseo do río Sarria, en pleno centro da vila” e explican que non é unha situación nova. “Tres anos de deterioro e mala imaxe. Tres anos de Claudio Garrido Camiña”, sentencian antes de pechar co habitual “Así NoN” nas súas queixas en redes sociais.