Skip to main content
Sarria

A concesión a unha empresa de Valladolid dun campamento en Sarria xenera malestar e protestas

Por 25 Maio, 2022Maio 26th, 2022Sin comentarios

Os carteis anunciando o Campamento de Verán Bilingüe organizado polo Concello pero xestionado por unha empresa pucelana provocou as críticas dos veciños, especialmente das responsables das academias de inglés da vila por non contar con elas

Sarria vai ter, ou iba iso inda está por ver no pleno municipal deste xoves, un Campamento de Verán Bilingüe do 1 ao 29 de xullo, coa posibilidade de optar polo mes enteiro, quincena ou semana, organizado polo Concello e xestionado polo Instituto PAE. A iniciativa está dirixida a nenos de 3 a 12 anos, que, de luns a venres de 10.00 a 14.00 nas instalacións da Escola de Música, realizarán múltiples actividades tales como fichas, lecturas de contos, rimas, concursos, lingua de signos, rincón do artista, manualidades, murales, teatro, storytelling, lipdub, xymkanas, xogos ao aire libre ou deportes.

O coste sería de 145 euros o mes enteiro, 90 euros cada unha das quincenas e 50 euros unha semana.

Todo estaba preparado. Os interesados podían conseguir máis información no teléfono 625 188 352 ou na web www.institutopae.es, na que incluso está habilitada xa a opción para formalizar a matrícula. A outra opción para inscribirse no Campamento de Verán Bilingüe era entregar a documentación no propio Concello.

Incluso os primeiros carteis anunciando a actividade estaban colocados xa por Sarria adiante.

SORPRESA NAS ACADEMIAS DE SARRIA

Pero foron precisamente esos anuncios do campamento os que provocaron a reacción dos veciños. “Chegoume a información a través dalgunha xente que me enviou o cartel. Non tiñamos nin idea. A miña sorpresa foi máxima ao ver que o meu Concello vai organizar un Campamento de Verán Bilingüe e que a empresa encargada de xestionalo é de Valladolid”, explica Patri Gayo, responsable de Academia Gayo, unha das cinco academias de inglés de Sarria, e a primeira en facer público o seu malestar por este campamento, unha línea secundada rápidamente por outras como a Academia Arco Ensino de Chelo.

“Doe que no canto de contar coa xente de Sarria tiren de xente de fora. Non estou dicindo que tivera que ser a miña academia a que organizase o campamento nin moito menos pero tiñan que ternos en conta. O seu sería sacar un concurso ao que poideramos presentarnos, darnos esa posibilidade, e non decidir así a dedo e ademais apostando por unha empresa de fora de Sarria”, subliña Patri Gayo, quen insiste en que “nós, as academias de inglés de Sarria, pagamos as tasas aquí todo o ano, a luz, a auga, as nóminas… e agora no verán igual temos que pechar”.

PROBLEMAS PARA NON PECHAR NO VERÁN

“Como xa non hai exames en setembro, o verán pasa a ser unha época moi complicada para o noso negocio. Eu persoalmente plantexábame facer algo no verán porque temos que reinventarnos ou pechar. Tiña a idea de a primeira quincena de xullo e todo agosto ofertar talleres e actividades varias pero isto colleunos de súpeto. Non o esperabamos”, finalizaba a responsable da Academia Gayo.

“A miña sorpresa foi máxima ao ver que o meu Concello vai organizar un Campamento de Verán Bilingüe e que a empresa encargada de xestionalo é de Valladolid. Doe que no canto de contar coa xente de Sarria tiren de xente de fora. Agora no verán igual temos que pechar”

Patri GayoAcademia Inglés Gayo

PREGUNTAS DO BNG NO PLENO

As queixas por este Campamento de Verán Bilingüe foron rápidamente recollidas polo grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego, que mediante un comunicado anunciaba a presentación dunha serie de preguntas no pleno municipal que se vai celebrar este xoves para tratar de esclarecer cal é a situación contractual de ditos campamentos e valorar que accións emprender unha vez dadas as repostas por parte do Concello.

O comunicado do BNG recolle en primeiro lugar que o cartel anunciador da actividade “incumpre a ordenanza do galego probada polo Concello de Sarria” e incide en que nel “figura como empresa que impartirá ditos campamentos unha academia de idiomas afincada en Valladolid”. Tamén apunta que “se están a producir queixas completamente entendibles por parte das academias de idiomas locais, ás que non se lles permitiu optar a organización de ditos campamentos” e protesta porque “nunha actividade organizada polo Concello de Sarria, non sabemos que ordenanza se aplica para fixar uns prezos que ao noso entender exclúen a moitos nenos e nenas do noso concello xa que distan moito de ser populares”.

Así, o voceiro municipal do BNG, Efrén Castro, manifesta que “o Concello non so non apoia o negocios locais senón que está a facerlle a competencia primando unha empresa de Valladolid. Exixiremos explicacións ante unha acción que vai claramente en contra do tecido económico local, exclúe a moitas familias polo seu prezo e deixa de lado unha vez máis como nos ten acostumados este Concello ao idioma galego”.