Skip to main content
Sarria

Os plenos regresan ao Concello de Sarria baixo a sombra do histórico plantón

Por 26 Maio, 2022Maio 27th, 2022Sin comentarios

Dúas semanas despois da sorprendente e histórica decisión do grupo de goberno de Sarria de non acudir en bloque ao pleno extraordinario solicitado polo PP, as miradas de moitos veciños da vila volverán a centrarse a partir das 19.30 horas no salón de plenos do Concello. Porque para este xoves está prevista a primeira convocatoria dunha sesión ordinaria na que de seguro haberá alusións ao histórico plante vivido quince días atrás.

A xornada comezará coa aprobación das actas das sesións anteriores do 31 de marzo e do 18 de abril, antes de pasar a tratar nove expedientes entre os que figura a ratificación do decreto de solicitude de financiamiento para executar o anteproxecto para o novo centro de día e a ampliación da residencia de persoas maiores Nosa Señora do Carme.

Pero, sen dúbida, a atención estará centrada no turno de rogos e preguntas, onde os populares anuncian a presentación de dúas mocións. A primeira para solicitar que a Oficina de Información turística de Sarria regrese ás instalacións municipais do barrio de Vigo de Sarria e se dote ademais de persoal municipal público para atender e informar aos peregrinos. A segunda solicita a creación dunha comisión de investigación municipal composta por representantes de todos os grupos políticos da corporación para a analise dos procesos de contratación de obras menores, con solicitude de tres ofertas no actual mandato, coa aportación dos expedientes de contratación completos do expediente da poda dos parques do Chanto e Praza de Juan María López, do aglomerado de tramo en Rúa Castelao e o acondicionamento de xardíns e entorno da antiga cárcere.

Mentres o Bloque Nacionalista Galego ten preparadas unha serie de preguntas sobre o polémico Campamento de Verán Bilingüe.