Skip to main content
Sarria

A Asociación Cultural Peleiriños realiza a sua Mostra de Fin de Curso Infantil

Por 28 Maio, 2022Maio 30th, 2022Sin comentarios

A Asociación Cultural Peleriños vai realizar este sábado 28 de maio a Mostra de Fin de Curso Infantil, na que os distintos grupos de baile e música formados polos máis pequenos van mostrar todo o que aprenderon e o ben que o pasaron durante o curso.

Para as 19.30 horas está previsto un pasarrúas que vai levar aos pequenos e pequenas desfilando dendo o Antigo Cárcere ata a Praza da Vila. Será precisamente na Praza da Vila a partires das 20.00 horas onde os distintos grupos de baile e música infantil farán as súas actuacións.

A Mostra Fin de Curso da A.C. Peleriños será unha estupenda oportunidade para coñecer un pouco máis o traballo desta asociación cultural que promove a música e o baile tradicionais galegos e para que aqueles que xa reservaron praza para o próximo curso teñan o seu primeiro contacto coas actividades que se realizan. Ou para que os indecisos poidan tomar a decisión e non quedar sen praza.