Skip to main content
Sarria

O PP saca adiante as súas dúas mocións e o grupo de goberno de Sarria consigue autorización só para gastar 1,1 millóns

Por 27 Maio, 2022Maio 30th, 2022Sin comentarios

Os plenos en Sarria prometen e case nunca defraudan. Esta vez o listón estaba moi alto despois do histórico plantón en bloque do grupo de goberno no pleno extraordinario solicitado fai dúas semanas polo Partido Popular. Pero, unha vez máis, non faltaron as discusión subidas de tono nunha sesión que se prolongou por máis de tres horas.

O primeiro gran bloque de asuntos a discutir neste pleno ordinario circunscribíase a cuestións económicas, a aprobación ou non de partidas de gastos do Concello correspondentes ao ano 2021. Así, co apoio da oposición, o goberno local aprobou o pago de preto de cincuenta facturas que quedaran sen pagar de traballos feitos o ano anterior.

E tamén se aprobou unha das partidas máis importantes, con preto de 1 millón de euros, para a fixación da relación de postos de traballo da plantilla laboral do Concello.

NON Ó GASTO DE 2,2 MILLÓNS

Sen embargo, os votos en contra da oposición (BNG, PSOE e PP) provocaron que non puidese saír adiante outra partida de 2,2 millóns de euros para gastos en obras correntes. José Antonio García, voceiro do PP, explica os motivos do voto en contra. “Non se aprobou porque non nos parece correcto. Hai moitas reclamacións de veciños ao presuposto e primeiro teñen que ser levadas a pleno e discutidas. No orzamento figura a petición dun crédito dun millón de euros a pagar en dez anos e non parece de recibo aprobar máis gasto”, subliña.

Mentres, a concelleira do PSOE, Pilar López, apunta na mesma línea. “O alcalde non deixa de dicir que ten 5 millóns de euros aforrados, dos cales 3 xa llos deixamos nos. Ademais, coa pandemia non se puideron acometer moitos gastos como festas e demais, co que foi máis fácil aforrar. Para colmo, no presuposto do 2022 figura un crédito de 1 millon de euros. En vez de pedir ese préstamo e deixar ao concello endeudado dez anos, que use eses dous millons de euro. Hai que facer as cousas cando se poida e non endeudando a Sarria. Por iso non se aprobou”, puntualiza.

UNHA CUESTIÓN DE TAMAÑO

O ambiente no pleno ía crecendo co paso dos minutos e o alcalde, Claudio Garrido, advertía aos membros da oposición dunha posible expulsión. Unha decisión que, finalmente, non tivo que tomar aínda que os ánimos seguiron caldeándose moito máis. Porque os concelleiros de Camiña Sarria conseguiron sacar adiante o seguinte punto da orde do día, a ratificación dun decreto para solicitar unha subvención dos fondos Next Generation para a ampliación da residencia de maiores. A iniciativa saíu adiante aínda que coa abstención dos tres grupos da oposición, que están dacordo con solicitar os fondos pero non co uso que se lles vai dar xa que tanto BNG como PP sinalaron que as directrices europeas post Covid-19 apuntan na liña contrario, precisamente apostan por facer residencias máis pequenas, con 90 usuarios como máximo.

A OFICINA DE TURISMO

A polémica empezou a subir aínda máis de tono coa votación da primeira das dúas mocións presentadas polo PP, aprobada cos votos a favor da oposición. Nela os populares protestaban polo traslado da oficina municipal de turismo do barrio de Vigo de Sarria ás instalacións da antiga cárcere comarcal. “Na práctico iso supón que o Concello pasa a información ao peregrino á súa saída de Sarria, o que non ten lóxica nin sentido e xenera moitas queixas do sector e dos propios peregrinos pola falta de información turística. Ademais de que a cesión das instalacións no barrio de Vigo de Sarria a unha asociación privada fíxose durante a pandemia e con certo oscurantismo”, analiza o voceiro municipal dos populares.

DECIDE A CONCELLEIRA

“Aprobouse a moción pero a concelleira xa deixou claro que ela é a que decide e xa está. Estas mocións non son executivas, son políticas. Non podemos obrigarlles a cumprilas”, destaca a socialista Pilar López, quen indicou ademais que “dende o goberno din que non pode ser porque non hai traballadores para cubrir dúas oficinas. Non é máis que unha excusa para ter pechada a oficina porque hasta agora, dunha maneira ou de outra, sempre se contou con persoal”.

Pese a iso, o popular José Antonio García sinala que “agardamos que o Concello, de forma inmediata devolva a oficina de turismo municipal as instalacións de Sarria de Vigo, á entrada do Camiño Francés para que os peregrinos que cada día chegan a vila, milleiros a partir de agora que entramos na temporada alta, poidan ter esa oficina de información para coñecer mellor Sarria xusto na entrada da mesma e antes de atravesala”.

A COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN, SÍ PERO NON

Tamén se aprobou co voto en contra dun grupo de goberno en minoría, a outra moción presentada polo PP. “Tratábase da petición dunha comisión de investigación relacionada con tres expedientes dos que levamos meses falando e denunciando presuntas irregularidades como a  execución de obras sen adxudicación previa e ofertas a empresa cuxo titular e o mesmo ou a execución de obras sen ningún tipo de procedementos de contratación ou sen financiación para poder leva-la a cabo. Son irregularidades moi graves as destos expedientes”, comenta o voceiro popular.

“Solicitar responsabilidade penal é o ultimo prazo. Gustaríanos primeiro que se puidesen dar explicacións e ofrecer información nesa comisión de investigación”, puntualiza José García, quen sinala que “sen embargo, pese a que a comisión se aprobou, o alcalde votou en contra e xa diso que non ía participar. Por iso, parece que nos encauza claramente a xudicializar esas tres obras que para nós trátanse de actuacións graves e neglixentes”.

O CAMPAMENTO BILINGÜE, UN ERRO

Por último, pero non exento tamén de polémica, o Bloque Nacionalista Galego plantexou unha serie de preguntas sobre un Campamento de Verán Bilingüe que en teoría ía organizar o Concello e xestionar una empresa de Valladolid pero que xa foi suspendido. A concelleira de Educación, Eugenia Valcárcel “Geni”, explicou que plantexou esta iniciativa coa mellor das súas intención para que os nenos de Sarria mellorasen o seu inglés, que a información enviouse “por un erro” e que finalmente o campamento non vai ter lugar.