Skip to main content
Sarria

A II Concentración de Vehículos Clásicos Vila de Sarria, este sábado

Por 31 Maio, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

Está sábado 5 de xuño vai ter lugar a II Concentración de Vehículos Clásicos Vila de Sarria, organizada polo Club Clásic@s Sarria, un evento que durante todo o día reunirá aos amantes dos vehículos antigos e clásicos para realizar unha saída e diversas actividades.

O Club Clásic@s Sarria, organizador desta concentración,  naceu fai ben pouco, no ano 2018, promovido por un grupo de amigos cun interés común polos vehículos clásicos.  A pesar de ser un club moi novo supera xa os oitenta socios e destaca polas súas gañas de organizar eventos para promover a súa afección e a comarca de Sarria.

Con esta intención naceu a Concentración de Vehículos Clásicos Vila de Sarria, que este sábado celebra a súa edición cun completo programa.

A xornada iniciarase ás 9.30 horas coa chegada e recepción dos vehículos participantes a O Chanto, onde verificarase a documentación e entregaranse as acreditacións.

Para as 10.45 horas está prevista a saída do primeiro vehículo para iniciar a ruta turística polas distintas localidades de Sarria, coa chegada de volta ao parque cerrado na Praza da Vila ás 12.00 horas.

As 13.00 horas realizaranse xogos e unha xincana de motos, trasladándose logo os participantes as instalación de a Sociedade La Unión, onde a partires das 14.00 horas terá lugar unha sesión vermut amenizada por un grupo musical con acceso libre, quedando para as 14.30 horas a comida. Despois de repoñer forzas realizaranse tamén sorteos entre os participantes.

Unha nova actuación musical, á que poderán asistir o público en xeral, e a entrega de premios ás 17.00 horas pecharán unha intensa xornada dedicada ós vehículos antigos e clásicos, que porá o seu fin oficial ás 19.00 horas