Skip to main content
Triacastela

O alcalde de Burgos visita Triacastela e escribe no seu libro de honra

Por 4 Maio, 2022Maio 7th, 2022Sin comentarios

O alcalde de Burgos, Daniel de la Rosa, aproveitou o seu desprazamento a Galicia con motivo da visita do rei Felipe VI a Sarria para visitar o acuartelamento da Guardia Civil na vila para coñecer tamén Triacastela e manter un encontro coa súa rexedora, Olga Iglesias.

Ámbolos dous mandatarios locais son vicepresidentes da Asociación de Municipios del Camino de Santiago e acudiron ao encontro en representación desta entidade ao non poder acudir por outros motivos o seu presidente, o alcalde de Pamplona Enrique Maya, e para destacar o importante papel da Guardia Civil da zona como guardiana do camiño.

Dada a cercanía con Sarria, De la Rosa aloxouse en Triacastela e aproveitou tamén a visita para escribir unas verbas no libro de honra do Concello.

Mentres, Olga Iglesias aproveitou a ocasión para “reivindicar ao peregrino de longa distancia” e “animar á xente a que fagan distancias máis longas xa que así disfrutarán máis do Camiño e coñecerán zonas moi bonitas coma, por exemplo, Triacastela”.

SIMBIOSIS PERFECTA

“É unha das cousas máis interesantes do Camiño Francés dende os Pirineos, a simbiosis perfecta entre grandes cidades como pode ser Burgos cos pobos. A relación entre os municipios é moi boa xa que os concellos pequenos e rurais teñen moito peso. Atreveríame a dicir que a maior parte deles teñen menos de 5.000 habitantes. Incluso menos de 1.000”, puntualiza a alcaldesa de Triacastela.