Skip to main content
Triacastela

O sábado en Triacastela, concerto da coral ‘Cantar Delas’

Por 25 Maio, 2022Maio 27th, 2022Sin comentarios

Cantar Delas, o único grupo coral de voces brancas da provincia de Lugo que agrupa  28 voces femininas dirixidas por Fernando Gómez Jácome, ofrecerá este sábado 28 de maio a partires das 18.00 horas na igrexa parroquial de Santiago de Triacastela unha actuación dentro do grupo de concertos Carmina Viarum.

A entrada será de balde para asistir a unha actuación na que Cantar Delas vai interpretar cantos dos camiños, composicións musicais relixiosas e profanas, nun percorrido que vai dende a Idade Media ata a actualidade.

Os diferentes camiños a Compostela foron fonte musical xacobea e canle transmisora das composicións. A ruta xacobea foi unha canle de ida e volta que conectou e difundiu outras expresións artísticas de Galicia e do resto de Europa.

O concerto está organizado polo Concello de Triacastela e a área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.