Skip to main content
Meira

Música e teatro este sábado en Meira

Por 20 Maio, 2022Maio 21st, 2022Sin comentarios

O centro sociocultural de Meira acolle representación teatral La Pimentera, que terá lugar o sábado 21 de maio, ás 17.00 horas.

Con esta obra preténdese, dende a comedia, poñer en relevancia un problema aberto nas zonas rurais nas que se invisibiliza o traballo das mulleres dos pobos, que sendo inmenso, ten un recoñecemento mínimo.

Este espectáculo, enmarcado no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, dá a oportunidade ás persoas espectadoras de participar na escena e invita ao debate e á reflexión sobre os distintos puntos de vista da perspectiva de xénero.

A asistencia será gratuíta.

MÚSICA

Tamén este sábado, ás 20.30 horas, terá lugar o Concerto das Letras Galegas, que estará a cargo da Banda Municipal de Música e a Prebanda.