Skip to main content

Por Julio Díaz

España é o país con máis adicción adolescente ao teléfono móbil, cifrándose nun 21,3%, namentres a media europea se situa nun 12,7%. O 90% dos adolescentes de máis de catorce anos ten móbil, sendo a media de idade de inicio no seu uso de oito anos, o que demostra que cada vez máis, e a máis tempranas idades, os xoves están expostos ós perigos do uso de internet e o conxunto de riscos que conleva a utilización das novas técnoloxías.

Todos/as sabemos que a preadolescencia e a adolescencia é un período onde os rapaces son especialmente susceptibles aos cambios e polo tanto mais vulnerables e con moitas más posibilidades de adicción.

A prevención, como en outros moitos ámbitos da vida, resulta de vital importancia para unha loita efectiva contra o mal uso do teléfono móbil. É importante que tanto docentes como pais saibamos advertir pautas de conducta como poden ser cambios de estados de ánimo, enfado continuo cando se poñen normas no uso dos videoxogos e do móbil, o  seu uso a horas intenpestivas na cama, no cuarto, no baño…a baixada do rendemento escolar, o illamento dos amigos, o abandono de outras actividades. Se non se é capaz de atallar estas actitudes, as consecuencias poden ser imprevisibles derivando incluso en “nomofobia” ou medo irracional a estar sen o móvil, a non poder utilizalo e incluso “técnofilia” ou dependencia das novas tecnoloxías.

Dito esto, o móbil é unha ferramenta imprescindible na vida dos nosos alumnos polo que non introducilo no proceso de ensinanza-aprendizaxe sería impensable, xa que o seu uso dentro da aula con fins didácticos, incentiva a creatividade, a imaxinación e a conectividade. Eu estou a favor do uso dos terminais na aula porque é una ferramenta didáctica  máis, que potencia a autonomía e a iniciativa persoal do alumnado e que nos permite traballar calquera asignatura de forma dinámica e atractiva para o noso alumnado. Temos que aproveitar esta ferramenta cos alumnos/as de tal maneira que enriquezamos o proceso de aprendizaxe cun dispositivo co que os rapaces están totalmente familiarizados.

As vantaxes do uso do móbil como unha potente ferramenta de aprendizaxe sonmoitas: posibilidade dunha mellor organización, comunicar e traballar colaborativamente co resto da comunidade educativa, aprender mediante múltiples e variables aplicacións moitas das cales se crean só para o ámbito educativo.

O éxito da aprendizaxe co móbil vai  depender da nosa capacidade para aproveitar ao máximo as súas vantaxes pedagóxicas polo que a capacitación técnica e pedagóxica do seu uso e de vital importancia, explorar aplicacións educativas e, ademais compartir as boas prácticas para que poidan ser adaptadas e melloradas en todos os contextos educativos.

Dicir tamén que ten as súas desventaxas, entre as que destacar, o seu uso inadecuado, as distraccións, acoso a outros alumnos, grabacións…pero nos como docentes sempre temos recursos que nos permiten regulalo para dar un axeitado emprego do mesmo. Para acadar un uso exclusivamente educativo e produtivo, eque non sexa una perda de tempo, debemos establecer unhas normas que especifiquen cando imos usar os nosos terminais e con que finalidade.

Xa para rematar gustaríame facelo cun decálogo do que eu considero un bo uso do teléfono móbil baseado en oito sinxelas recomendacións:

  • Non utilices o móvil na clase agás cando o autorice o teu profesor/a.
  • Non grabes nen fotografíes a ninguén sen o seu consentemento.
  • Non ridiculices a profesores/as ou compañeiros/as.
  • Non difundas imaxes íntimas ou ofensivas.
  • Non sexas cómplice de situacións de acoso.
  • Non aceptes a calquera nas túas redes sociais.
  • Non creas todo o que chega.
  • Sé crítico e reflexivo.
  • Adica menos tempo ao móbil e ás redes sociais e máis as relacións persoais.