Skip to main content
A Pastoriza

Ruxe Ruxe abre o cartel do Festival da Chaira, que este ano será en xuño

Por 18 Maio, 2022Maio 19th, 2022Sin comentarios

Tras dous anos de seca este verán volverá celebrarse o tradicional Festival da Chaira, que organiza a Asociación A Chaínza en Baltar, na contorna da área recreativa da praia fluvial da Riboira. Será o dia 25 de xuño

Ademais de dar conta de que este ano volverá o festival, que acada a XVI edición, xa está a primeira confirmación do evento, que contará con Ruxe Ruxe, unha das referencias do rock galego, que ruxirá na Riboira co seu rock do país ateigado de actitude punk e folk.

A organización traballa de cheo para esta celebración, que volverá a reunir unha serie de artistas de todos os estilos durante unha xornada. A organización dará a coñecer proximamente o contido do programa e as actividades paralelas que se organizan nun dos festivais de gran tradición na comarca.

Ademais, a celebración adiántase un mes ao que era habitual, xa que a festa tiña por costume celebrase en xullo.