Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXADeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXA

O FSF Castro fíxose onte con dous campionatos galegos

Por 18 Maio, 2022Maio 19th, 2022Sin comentarios

O FSF Castro fixo historia un ano máis e logrou este martes, día das Letras Galegas, facerse co título de campión galego en dúas categorías, a xuvenil e a alevín femininas.

As xuvenís disputaron no pavillón da Raña o partido da final  ante o Mosteiro Bembrive ao que se impuxeron por 6-1. As vermellas viñan de clasificarse en semifinais a mediados do mes de abril anteo Narón, ao que venceron por 5-3.

Ao igual que as alevíns, as xuvenís xogaron a primeira fase desta tempada en concentración de partidos en catro datas durante o ano. As de Castro lideraron a táboa e remataron invictas con 16 puntos dos 18 posibles xa que empataron un dos duelos.

Competiron no seu grupo contra o Ribeira e o Lugo Sala.

Cun marcador menos avultaron remataron a competición as do FSF Castro ante o Amarelle, ao que venceron por 4-3, grazas ao gol do desempate de Marta, que fixo un gran partido sendo a responsable dos catro tantos do marcador.

Tamén xogaron na Raña as vermellas, que pasaron ao final ao derrotar tamén por un gol a La Peña en semifinais. As vermellas foron claras vendoras tamén na primeira fase, con 12 puntos dos doce posibles e logrando o dobre que o Ribeira, que foi segundo.

As bases do Castro ultiman a competición nas categorías cadete e infantil. Nesta última, non lograron clasificarse para a final de Liga, que se celebra esta fin de semana, tras caer en semifinais co Poio pola mínima. Si teñen aínda por delante a última fase da Copa, que se xogará ante o Amarelle o día 29 a semifinal.

Na primeira fase ocuparon a segunda praza tanto da Liga como da Copa por detrás dun Amarelle que estivo intratable toda a tempada.

As cadetes si disputarán a final esta fin de semana ante o Poio e esperar respaldar co título unha boa tempada. As vermellas foron campioas da primeira fase da liga, invictas  e con 26 puntos dos 30 posibles. Na copa repetiron o fito e remataron tamén sen coñecer a derrota con 16 puntos dos 18 posibles.

Tamén disputarán as semifinais de Copa o día 29 contra o Amarelle.