Skip to main content
Comarca TERRACHÁXA

Convocado un concurso infantil polo Día Mundial sen Tabaco

Por 24 Maio, 2022Sin comentarios

Dende o servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organízase como en anos anteriores un concurso de debuxos polo día Mundial Sen Tabaco dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria dos centros educativos dos Concellos da agrupación.

A temática dos debuxos será a realización dun cartel para o Día Mundial sen Tabaco 2022, realizando traballos que sexan capaces de transmitir unha mensaxe relacionada ben coa promoción da saúde ou coa prevención do consumo de tabaco.

Por cada Concello entregaranse 2 premios aos mellores carteis, así como un premio ao mellor cartel que será empregado para a campaña de sensibilización do 31 de maio de 2022, Día Mundial Sen Tabaco.

Os traballos entregaranse a través dos centros educativos e poderán ser remitidos ata o 27 de maio ao servizo de prevención.

Unha vez elixidos os debuxos premiados farase a entrega de premios nos propios centros educativos.