Skip to main content
Comarca TERRACHÁXA

O GDR Terra Chá investiu 638.000 euros en axudas a 13 proxectos

Por 28 Maio, 2022Maio 29th, 2022Sin comentarios

O día 26 de maio de 2022, tivo lugar a Asemblea Xeral da Asociación de Desenvolvemento Comarcal Terra Chá na que se aprobou, entre outros, o informe anual do Leader do ano 2021, as contas anuais e a memoria de actividades do 2021.

Así mesmo, tamén se aprobou que a Asociación promova a realización dun Plan de Desenvolvento Turístico no territorio do GDR.

No ano 2021 o GDR, con fondos Leader, aprobouse a concesión de axudas a 13 proxectos: 8 produtivos, 4 non produtivos de entidades locais e 1 proxecto non produtivo de entitades sen ánimo de lucro. O importe total de investimentos é de 1.300.000 euros, correspondéndolles unha axuda de 638.000 euros.

O investimento dos proxectos produtivos é de 1.077.000 euros cunha axuda de 456.000 euros. Os proxectos que recibiron axuda son a adecuación dun local para fabricación artesanal de xogos tradicionais, rehabilitación dunha adega para sidra, a creación dunha empresa de servicios industriais con drones, a creación duns apartamentos turísticos, creación dun hotel de 2 estrelas, a construcción dunha nave para almacén de madeira e a ampliación dunha clínica veterinaria.

Respecto ós proxectos non produtivos de entidades locais o investimento foi de 145.000 euros correspondéndolles unha axuda de 124.000 euros. Os proxectos non produtivos son o acondicionamento dunha vivenda social en Begonte, a reforma dunha antiga escola para telecentro en Riotorto, a construcción de parques biosaudables en Castro de Rei e a ampliación do parque periurbano de Feira do Monte.

O proxecto non produtivo de entidades privadas ten un investimento de 75.000 euros e conta unha axuda de 58.000 e consiste na dixitalización e automatización dos procesos nunha residencia de persoas maiores en Vilalba.

En tódalas convocatorias do Leader 2014 -2020 subvencionáronse 73 proxectos o que implica un investimento de 7.956.000 euros correspondéndolles unha axuda de 3.865.000. Supuxo a consolidación de 331 e a creación de 38 postos de traballo.

Ademáis o GDR está participando en dous proxectos de cooperación xunto con outros GDRs de Galicia. O proxecto Nó Rural e o proxecto Alimentos da Biosfera.

O primeiro trata de que a xuventude interesada coñeza mellor as oportunidades que hai nos ámbitos rurais para desenvolver o seu proxecto profesional e persoal. A través de diferentes actividades fomentarase o emprendemento e a mellora da empregabilidade no ámbito rural: plataforma web de oferta e demanda de emprego e oportunidades, formación e promoción.

O obxectivo a acadar é mellorar a permanencia e/ou retorno do talento da xuventude en territorios rurais. Neste senso creouse a web www.norural.gal.

O proxecto Alimentos da Biosfera ten por obxectivo o impulso das marcas propias e da marca Nacional nas Reservas da Biosfera españolas para producións alimentarias, como estratexia para a mellora da calidade destas producións, contribuíndo á mitigación do cambio climático mediante o fomento do consumo en circuítos curtos locais: Mellorando a calidade das produccións e visibilidade dos productos e priorizando o cunsumo de productos locais ecolóxicos e de tempada en comedores escolares.

Tamén se comentou que en breve se abrirá o prazo para realizar a Estratexia para o Leader 2023 -2027