Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

Comeza un mes de portas abertas no Lago DVSport

Por 26 Maio, 2022Sin comentarios

Durante un mes, o Lago DVSport ofrece adestramentos gratuítos a todos os nenos e nenas que non pertenzan ao club e que queiran ir coñecer a súa dinámica e o funcionamento. Estas xa deron comezo con gran éxito de participantes.

O obxetivo é ampliar a inscrición de cara á tempada 2022-2023, na que se disputarán as competicións da RFGF. Tamén poderán simplemente formarse na Academia de Tecnificación ou Escola de porteiros sen participar na competición.

Ademais, o club segue a potenciar o fútbol sala feminino polo que fai un chamamento especial a estas xogadoras para iniciarse na práctica do fútbol sala.

A inscrición está aberta para todas as categorías, dende iniciación a xuvenil e os interesados poden poñerse en contacto co club no teléfono (tamén por whatsapp) 679 371 472 ou no mail lagodvsport@gmail.com.