Skip to main content
Abadín

Comezará este mes en Abadín o aglomerado de estradas

Por 2 Maio, 2022Maio 3rd, 2022Sin comentarios

Área recreativa de Moncelos, acondicionada nos últimos tal e como demandaba o PSOE

O Concello de Abadín continuará co plan de asfaltado de arranxo das estradas e camiños de titularidade municipal. Serán nesta ocasión máis de 700.000 euros os que se investirán para a mellora das estradas de todo o termo municipal, comenzando polas que se atopan en peor estado.

A intención do Concello é iniciar as obras xa este mes aproveitando o bo tempo. As obras xa foron adxudicadas e estarán ao cargo de Cholo SL e Hermanos Blanco Trigo. Ademais desta actuación, o Plan Único da Deputación tamén irá para a mellora da rúa Fanego Rojo que se pretende humanizar poñendo toda ao mesmo nivel e utilizando un material similar ao adoquín, tal e como informou o alcalde, José María López Rancaño.

Por outra banda, o Concello mantén a súa intención e abrir unha rúa detrás da casa consistorial nova que servirá para facer unha ruta que vai dar á futura residencia de maiores que se construirá ao lado do colexio.

Este terreo destinarase a zona de esparcimento da residencia, aproveitando a carballeira que ten así como para aparcamento para os usuarios das oficinas municipais.

O proceso está aínda en marcha xa que o Concello espera a confirmación da Deputación da aprobación do Plan Único para escriturar o terreo. Esta compra foi criticada pola oposión que cualificou como “un autentico despilfarro dos investimentos públicos”.

Tamén está pendente a compra dunha motoniveladora con cargo ao fondo de compensación ambiental.

Entre outras das accións realizadas estes días, está a limpeza e acondicionamento da área recreativa de Moncelos, que fora solicitada polo PSOE.