Skip to main content
Axenda CaducadaBegonte

Begonte presenta o programa para a Festa da Xuventude

Por 8 Maio, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

O Concello de Begonte recupera o día 21 de maio a Festa da Xuventude, unha celebración na que se busca ofrecer unha alternativa de ocio á xente moza do Concello e que este ano reforza a programación.

A festa, que cambia de ubicación, para celebrarse no club fluvial de Begonte abrirá a programación ás 13.30 horas coa actuación do grupo D’Nika en sesión vermú.

Durante a tarde desenvolveranse numerosas actividades que consistirán nun torneo de futbolín, un campionato de tute, a festa do baloncesto, xogos populares e inchables.

Todas estas actividades están dirixidas a persoas de todas as idades.

Á noite, ás 21.30 horas está programada unha cea, que inclúe bebida, empanada e churrasco antes da música das orquestras New York e Clan Zero en sesión verbena.

Ademais, está prevista a fin de festa cunha discoteca móbil.

O Concello puxo a disposición dos asistentes un prezo de compra en pack que inclúe, por 12 euros, cea, camiseta, mochila, pulseira e chapa.

Os packs poden mercarse dende o martes 10 ata o xoves 19 no Concello de Begonte en horario de 9.00 a 14.30 horas.