Skip to main content
Begonte

Saavedra recupera a Festa e a Romería dos Milagres

Por 9 Maio, 2022Maio 10th, 2022Sin comentarios

A tradicional romería dos Milagres de Saavedra, en Begonte, recupera o seu tradicional programa coa celebración de novo das festas e o horario de misas, que se iniciarán a partir do 14 coa novena á virxe, que finalizará o domingo 22, con rezos ás 20.00 horas da tarde e misa media hora máis tarde a cargo de Nicolás Susena.

Para a parroquia begontesa de Saavedra trátase da festa máis importante do ano coa celebración da festividade en honra á virxe dos Milagros, que reúne cada ano no santuario da localidade a centos de devotos, que aproveitan a data para facer unha andaina ata a igrexa.

As celebracións relixiosas comezarán o día 22, domingo, con misas ás 11:30h, 11:30 e 12:30h e pola tarde a novena, ás 20.00 horas.

O día propio dos Milagres, as cerimonias relixiosas serán dende as 7.00 ás 13.30 horas pola mañá e de 18.00 a 21.00 pola tarde. Para o sábado seguinte, volverán os oficios ás 12.30, 13.30 e 20.30 horas para remtar o domingo con outras tres misas, todas de mañá, ás 11.30 horas, 12.30 e 13.30 horas.

E xunto coa romería volven tamén as festas patronais, que terán como primeiro día de celebración o 24 coa actuación do dúo Eclipse.

Xa a fin de semana continúa a programación coa participación da orquestra Solara en sesión vermú e DK Marcos Magán pol noite.

O domingo rematará o programa con trío Mar d’Arousa en sesión vermú.

A organización lembra que haberá servizo de comida no campo da festa ademais dos tradicionais postos gastronómicos e que tamén haberá venda de candeas para os oficios relixiosos.